Subvencións a fondo perdido para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de
Esta resolución ten por obxecto convocar, a través dun procedemento de concorrencia non competitiva, subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de remate de fachadas e cubertas, así como de rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.
As actuacións subvencionables serán as previstas no Decreto 44/2011, do 10 de marzo, para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago que conten coa resolución de cualificación definitiva ou coa cédula de rehabilitación de calidade e non foran subvencionadas con anterioridade.
Así mesmo, as persoas beneficiarias das subvencións, promotoras das actuacións, cumprirán os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño e, ademais, conten coa resolución de cualificación definitiva ou coa cédula de rehabilitación de calidade. No suposto de actuacións promovidas por comunidades de propietarios/as, só poderán ser beneficiarias as persoas físicas titulares das vivendas ou dun dereito real que permita acometer as ditas actuacións. Estas persoas serán beneficiarias en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras.
Infórmate nas nosas oficinas e consulta a Resolución no enlace
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160808/AnuncioC3Q2-220716-0001_gl.html
