Axudas para viveiros e explotacións agrícolas que teñan que destruir planta ou colleitas por pragas

O Diario Oficial de Galicia publica ven de publicar unha orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os viveiros e explotacións agrícolas que teñan que destruír plantas ou colleitas debido á afectación de pragas de corentena.
Os posibles beneficiarios destas achegas teñen de prazo ata o vindeiro 1 de outubro para presentar as súas solicitudes en calquera dos rexistros da Xunta de Galicia. O orzamento destinado a esta finalidade é de 100.000 euros, cofinanciado ao 50% entre o Goberno galego e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Estas subvencións van destinadas a financiar procesos de destrución, desinfección, esterilización ou calquera outro tratamento aplicado oficialmente a vexetais contaminados, substratos de cultivo e terreos recoñecidos como contaminados ou os materiais de produción, acondicionamento, embalaxe ou almacenamento e mesmo medios de transporte que estiveran en contacto con ditos vexetais.
Poden solicitar estes fondos todos os produtores de vexetais con producións afectadas polas medidas fitosanitarias en virtude de 4 pragas en concreto: fusarium, que afecta á produción de planta de piñeiro en viveiros; o chancro bacteriano do Kiwi, que afecta á produción desta planta en viveiros; o psílido africano dos cítricos, que afecta á produción e comercialización de planta de cítricos en viveiros; e a couza guatemalteca da pataca.
Mais información no seguinte enlace
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160805/AnuncioG0426-260716-0001_gl.html