top of page

Subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de


Datos solicitude

Prazo de presentación : 29/04/2016 - 28/05/2016.

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Se

Prazo de resolución : Dous meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

As bases reguladoras destas subvencións foron aprobadas polo Decreto 402/2009, do 22 de outubro (DOG núm. 217, do 5 de novembro), en que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012. Esta orde ten por obxecto convocar para a anualidade 2016, a través dun procedemento en réxime de concorrencia non competitiva, subvencións destinadas a afrontar os gastos derivados da adquisición, da adxudicación ou da promoción individual de vivenda para uso propio, por parte de persoas que obtivesen financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas físicas: a) As adquirentes de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral. b) As adquirentes de vivendas libres de prezo limitado, así como de vivendas usadas. c) As adxudicatarias de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral promovidas en réxime de cooperativa. d) As promotoras individuais para uso propio de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral. Obrigas das persoas beneficiarias. 1. As persoas beneficiarias, ademais de cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, están obrigadas a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas. 2. Desde o momento da presentación da solicitude, poderán realizar o IGVS as comprobacións que se consideren oportunas para verificar a exactitude dos datos achegados ou o destino da subvención concedida.

Requisitos:

- En todo caso, será requisito necesario que as persoas beneficiarias estean acollidas ao sistema de financiamento para o primeiro acceso á vivenda en propiedade do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012, así como ter formalizado un préstamo convido entre o 6 de novembro de 2009 e o 31 de decembro de 2012 e, ademais: a) No caso de persoas adquirentes ou adxudicatarias, que conten coa escritura pública de compravenda ou adxudicación inscrita no Rexistro da Propiedade, onde conste, separadamente, o prezo da vivenda e de cada un dos anexos, se os tiver. b) Cando se trate de persoa promotora individual para uso propio de vivenda protexida, que conte coa resolución de cualificación definitiva da vivenda. - Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións aquelas en que concorran algunha das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e tampouco aquelas que obtivesen con anterioridade as mesmas axudas que se convocan nesta orde. - As circunstancias persoais da persoa solicitante e da súa unidade familiar que se terán en conta para resolver sobre estas subvencións serán as acreditadas no expediente polo que se outorgou o financiamento estatal, así como as acreditadas na documentación indicada no artigo 8 desta orde. Para a tramitación destas solicitudes terase en conta a documentación xa presentada polas persoas solicitantes na súa solicitude de financiamento estatal, sen que sexa preciso volver a achegala.


Entradas destacadas
Entradas recientes
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
RSS Feed
Archivo
Buscar por tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page