Ayudas para la construcción de punto de agua en montes vecinales en mancomunidad y Sofor (Liña II: s
Prazo de presentación : 11/02/2016 - 10/03/2016.
Un mes, a partir do día seguinte ao da publicación da orde de modificación do 5 de febreiro de 2016 no Diario Oficial de Galicia, entendendo como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día desta publicación.
Prazo de resolución : Cinco meses
Sentido do silencio administrativo : Negativo
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e as Sociedades de Fomento Forestal (en adiante Sofor) poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas contempladas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2016 en réxime de concorrencia competitiva. Esta incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común e as Sofor na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de gran importancia na nosa comunidade; e en conxunto sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia. - Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga. Actividades subvencionables 1. Os puntos de auga integran as redes de defensa contra incendios forestais dos distritos. 2. Subvencionarase a construción de puntos de auga para a prevención e defensa contra incendios forestais, que se localizarán en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais, cunha orografía axeitada para a actuación dos medios do SPDCIF e garantindo a actuación rápida dos mesmos. A localización dos puntos de auga será coherente co disposto nos plans de prevención de distrito. 3. Os puntos de auga deberán cumprir alomenos coas seguintes premisas: a) Permitirán a carga de vehículos motobomba do SPDCIF. b) Levarán peche perimetral de seguridade e protección. c) As dimensións mínimas dos puntos de auga serán as que figuran a continuación: 1º. Depósito de auga 5×4×2 m (volume útil 30 m3). 2º. Depósito de auga 6×4×2,5 m (volume útil 50 m3). 3º. Depósito de auga 7×4×2,5 m (volume útil 60 m3). 4º. Depósito de auga 8×7×2 m (volume útil 110 m3). 4. Subvencionarase un máximo dun punto de auga para expedientes con CMVMC, mancomunidades ou agrupacións de CMVMC de menos de 500 ha clasificadas e de dous puntos de auga para expedientes nos que a devandita superficie sexa maior o igual a 500 ha ou Sofor. 5. Ademais o beneficiario deberá manter operativos para a prevención e defensa contra incendios forestais estas infraestruturas durante alomenos 20 anos, polo que deberá garantir: a) Un acceso axeitado aos mesmos dos medios do SPDCIF. b) Un caudal continuo e suficiente. c) Un baleirado do depósito axeitado. d) Manterán a zona perimetral libre de vexetación arbórea e arbustiva. 6. O uso principal destas construcións estará vinculado á prevención de incendios.