top of page

Ayudas renovación total o parcial de ascensores existentes pertenecientes a comunidades de propietar


Prazo de presentación : 20/01/2016 - 20/04/2016.

Desde o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 1 de xuño de 2015.

Prazo de resolución : Cinco meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen no anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para incentivar a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia. Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2016. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto incentivar a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia. Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas 1. Terán a consideración de actuacións subvencionables a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia. Estes investimentos en renovación de ascensores deberán permitir unha redución anual, cando menos, do 35 % no uso da enerxía convencional ou un incremento xustificable na seguridade. Estas actuacións levaranse a cabo en ascensores xa instalados que conten co rexistro de aparello elevador (RAE). 2. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á naturaleza da actividade subvencionada. Os gastos subvencionables deberán ser ofertados, presupostados, realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2016 e a data límite establecida para a presentación da documentación xustificativa da subvención (15 de novembro de 2016). Todos os investimentos obxecto de axuda deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables a partir da data de xustificación do investimento. Consideraranse subvencionables os custos en equipamentos, materiais, obra civil, man de obra e os impostos indirectos asociados para a reforma e posta en servizo do ascensor, de xeito que este quede operativo. Estes gastos deberán corresponder de maneira indubitativa coas actuacións subvencionables. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, preste ou subministren ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que haberá de achegarse coa solicitude de subvención, se realizará conforme a criterios de eficiencia y economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Non se considerarán subvencionables: – Os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento – Os gastos realizados en bens usados. 3. Os traballos deberán realizarse por empresas mantedoras/conservadoras habilitadas de acordo coa lexislación vixente en materia de ascensores e, de ser o caso, deberá contar co correspondente proxecto técnico de modificacións esenciais. 4. Non se considerarán subvencionables as actuacións cun investimento inferior a 5.000 euros por ascensor. 5. Non se considerarán subvencionables aqueles conceptos das facturas que non se poidan facer corresponder, dun xeito inequívoco, cos considerados como subvencionables.


Entradas destacadas
Entradas recientes
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
RSS Feed
Archivo
Buscar por tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page