top of page

Ayudas Plan Renove de ventanas


Prazo de presentación : 05/02/2016 - 10/02/2016.

As solicitudes de axuda poderán efectuarse a partir dos 25 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente plan ata a finalización do prazo da xustificación ou ata que se esgote o crédito.

Prazo de resolución : 25 días hábiles

Sentido do silencio administrativo : Negativo

A presente orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía e Industria destinadas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos. O plan entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2015. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007. A concesión destas axudas estará en todo caso condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración deberá publicar no Diario Oficial de Galicia, e tamén na páxina web da DXEM a dita circunstancia, o que suporá a non admisión das solicitudes posteriores. Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas. 1. Será subvencionable a renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestras que cumpran coas seguintes especificacións técnicas: - Dispor de marcaxe CE conforme a norma UNE EN 14351-1:2006. - Exixencias mínimas de eficiencia enerxética: a) Opción A: carpintaría de madeira ou PVC e acristalamento que cumpra algún dos seguintes requisitos: a.1. Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior para vidros normais. a.2. Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1). b) Opción B: carpintaría metálica con rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior con dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con acristalamento baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1). En todo caso, a instalación destas carpintarías deberán cumprir coa exixencia mínima establecida no Código técnico da edificación que corresponda e segundo o disposto na Orden FOM/1635/2013, do 10 de setembro, pola que se actualiza o documento básico DB-HE «Aforro de enerxía», do Código técnico da edificación, aprobado por Real decreto 314/2006, do 17 de marzo. A renovación consistirá na substitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño. Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra), sempre e cando esta nova fiestra satisfaga os requisitos enerxéticos citados. Tamén será subvencionable a renovación de portas que separen estancias calefactadas do exterior, sempre e cando cumpran coas especificacións técnicas deste artigo e teñan marco por todo o perímetro. Considéranse custos subvencionables a retirada das fiestras existentes, a fabricación das novas fiestras e a súa instalación, sempre e cando veña detallado na factura. Non son subvencionables: - Os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros), por non tratarse dunha renovación senón de modificacións na envolvente da vivenda. - Ocos acristalados non situados na fachada como, por exemplo, as fiestras tipo velux. - As fiestras que estean nas particións interiores das vivendas (fiestras interiores, fiestras de cuartos de baño interiores, ...), é dicir, aquelas que non separan estancias calefactadas do exterior. En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos a actuacións que xa foran obxecto de subvención nas anteriores campañas do «Plan renove de fiestras». Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable. Non se considerarán subvencionables: - Os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento. - Os gastos realizados en bens usados. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día seguinte da reserva de fondos e o derradeiro día do prazo de xustificación. 2. O IVE (imposto sobre o valor engadido) será subvencionable para os particulares, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas, para o cal será necesario realizar unha declaración responsable (opción establecida na solicitude-anexo III) en que se indique que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional ou, no caso de ser Administración pública, que non pode repercutir o IVE. 3. A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100 €/m2 de oco, cuns límites de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso. Para o caso de comunidades de propietarios ou edificios de vivendas, a axuda máxima será de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso, co máximo de 50.000 € por edificio. En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do custo total da obra. Soamente se admitirá unha solicitude de axuda por solicitante e unha única actuación por solicitude. 4. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

#ventanas #planrenove

Entradas destacadas
Entradas recientes
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
RSS Feed
Archivo
Buscar por tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page