Ayudas para la renovación de fachadas y cubiertas de pizarra.
Prazo de presentación : 20/01/2016 - 20/04/2016.
Finalizará o 13 de xuño de 2015. No suposto de que se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concédente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da Consellería.
Prazo de resolución : Tres meses
Sentido do silencio administrativo : Negativo
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa na Comunidade Autónoma de Galicia. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de fachadas e cubertas con lousa acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos 2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2016. Actuacións e gastos subvencionables 1. A actuación subvencionable será a renovación de fachadas e cubertas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva, así como nas súas edificacións anexas, por unha fachada ou cuberta de lousa. Non se admitirán as solicitudes que consistan na realización de obras ou traballos de renovacións parciais da fachada ou cuberta. 2. A renovación ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento «DB HE-1 Limitación da demanda enerxética». 3. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade a data de xustificación establecida no artigo 15. Consideraranse custos subvencionables, aqueles gastos que se xeren e que sexan directamente imputables ás actuacións de renovación de fachadas e cubertas, en concreto: Custos das memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios, ou proxectos de arquitectura ou enxeñería na parte correspondente ás actuacións a subvencionar. Custos de licencias. Custos de desmontaxe das fachadas e cubertas existentes. Custos de materiais das novas fachadas e cubertas de lousa. A lousa pertencerá na súa calidade comercial á primeira selección. Custos de montaxe das novas fachadas e cubertas de lousa. Custos non subvencionables: A substitución ou instalación das carpinterías exteriores (portas e fiestras) e vidrios. Os gastos e custos financeiros, como consecuencia da inversión. Os gastos realizados en bens usados. O imposto sobre o valor engadido (IVE) subvencionarase cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación. 4. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse xunto coa solicitude, realizarase conforme aos criterios de eficacia e economía, e no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberán achegar unha memoria na que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato. 5. Permítese a subcontratación total ou parcial, polo beneficiario das actuacións subvencionables, sempre que se axusten ás previsións dispostas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia