top of page

Ayudas para la rehabilitación con granito de fachadas.

Prazo de presentación : 20/01/2016 - 20/04/2016.

Finalizará o 13 de xuño de 2015. No suposto de que se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concédente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da Consellería.

Prazo de resolución : Tres meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes contribuíndo a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente a vez que se mellora a eficiencia enerxética. Actuacións subvencionables 1. A actuación subvencionable será a rehabilitación con granito da envolvente das fachadas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva. Non se admitirán as solicitudes que consistan na realización de obras ou traballos de rehabilitacións parciais da fachada. 2. Os tipos de fachada ou envolventes térmicas subvencionables son fachadas pegadas de granito, fachadas trasventiladas de granito e fachadas de perpiaño, coas características seguintes: a. Fachadas pegadas de granito: composta de placas de granito pegadas con morteiros ou adhesivos á estrutura soporte, e suxeitas con ancoraxes de varilla como elemento de seguridade. b. Fachadas trasventiladas de granito: composta de placas de granito fixadas á estrutura soporte mediante un sistema de ancoraxe, existindo entre elas unha cámara de aire e un material illante. c. Fachadas de perpiaño: composta de perpiaño de granito de espesor aproximado entre 6 e 12 cm, unha cámara de aire, un illamento e unha estrutura interior. As pezas de granito estarán unidas á estrutura interior mediante ancoraxes puntuais de seguridade. 3. A rehabilitación da fachada ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento «DB HE-1 Limitación da demanda enerxética». 4. A solución construtiva elixida ten que cumprir as especificacións da norma «UNE 22203. Construción de aplacados de fachada con pedra natural» en canto ao deseño e construción da fachada ou envolvente térmica Gastos subvencionables 1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade á data de xustificación establecida no artigo 16. Consideraranse custos subvencionables, aqueles gastos que se xeren e que sexan directamente imputables ás actuacións de rehabilitación de fachadas con granito, en concreto: • Custos de memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios, ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría na parte correspondente ás actuacións que se van subvencionar. • Custos de licenzas. • Custos de desmontaxe do material de fachada ou envolvente existente. • Custos dos materiais: granito, morteiros e adhesivos, ancoraxes e sistemas de ancoraxe e o material illante. • Custos de man de obra civil e instalacións auxiliares necesarias para a montaxe da nova envolvente de granito. Custos non subvencionables: • A substitución ou instalación das carpinterías exteriores (portas e fiestras) e vidros. • Os gastos e custos financeiros, como consecuencia do investimento. • Os gastos realizados en bens usados. O imposto sobre o valor engadido (IVE) subvencionarase cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación. 2. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011 do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse xunto coa solicitude, realizarase conforme aos criterios de eficacia e economía, e no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberán achegar unha memoria na que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato. 3. Permítese a subcontratación total ou parcial, polo beneficiario das actuacións subvencionables, sempre que se axusten ás previsións dispostas no artigo 27 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.


Entradas destacadas
Entradas recientes
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
RSS Feed
Archivo
Buscar por tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page