Ayudas para la incorporación de jóvenes a la actividad agraria.

Prazo de presentación : 18/01/2016 - 18/03/2016.
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de resolución : Seis meses
Sentido do silencio administrativo : Negativo
Beneficiarios:
1. Agricultor activo: titular dunha explotación agraria que cumpre coas condicións establecidas no capitulo I do título II do Real decreto 1075/2014. 2. Agricultor mozo: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os dezaoito anos e non teña cumpridos os corenta e un anos, e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación, de xeito individual, como cotitular ou como socio. Poderá ter a consideración de agricultor mozo aquel que, sendo titular dunha explotación agraria, esta sexa considerada de autoconsumo ou non comercial. 3. Agricultor profesional: a persoa física que, sendo titular dunha explotación agraria, polo menos o 50 % da súa renda total a obteña de actividades agrarias ou doutras actividades complementarias, sempre e cando a parte da renda procedente directamente da actividade agraria da súa explotación non sexa inferior ao 25 % da súa renda total e o volume de emprego dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha unidade de traballo agrario. Para estes efectos, consideraranse actividades complementarias a participación e presenza da persoa titular, como consecuencia de elección pública, en institucións de carácter representativo, así como en órganos de representación de carácter sindical, cooperativo ou profesional, sempre que estes estean vinculados ao sector agrario. Tamén se considerarán actividades complementarias as de transformación dos produtos da explotación agraria e a venda directa dos produtos transformados da súa explotación, sempre e cando non sexa a primeira transformación especificada no número 1 do artigo 2 de la Lei 19/1995, así como as relacionadas coa conservación do espazo natural e protección do ambiente, o turismo rural ou agroturismo, ao igual que as cinexéticas e artesanais realizadas na súa explotación.