Proyectos de equipamientos térmicos de biomasa.
Prazo de presentación : 19/01/2016 - 18/02/2016.
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 10 do 18 de xaneiro de 2016).
Prazo de resolución : Catro meses
Sentido do silencio administrativo : Negativo
O obxecto de estas bases e apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións de equipos térmicos que utilicen biomasa como combustible. O procedemento administrativo para a concesión de subvencións será o de concurrencia competitiva Actuacións que se subvencionan. Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións descritas no artigo 5 destas bases que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma e o prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto no artigo 22 destas bases. Non serán subvencionables os proxectos iniciados antes da data de presentación da solicitude de axuda, en aplicación do efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014. Gastos que se subvencionan 1. Serán subvencionables: a) O custo do equipamento térmico e os accesorios principais do mesmo (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes , extracción cinzas). b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema. c) O custo do sistema de almacenamento do combustible. d) O custe do sistema de alimentación do combustible. e) O custe de montaxe e conexionado. 2. Non son subvencionables: a) O IVE (imposto sobre o valor engadido), excepto cando non sexa recuperable. Os concellos e demais entidades de dereito público non teñen a consideración de suxeito pasivo, nos termos previstos no artigo 13, apartado 1 da Directiva 2006/112/CE do Consello, polo que o IVE soportado por estes considerarase subvencionable. En todo caso aquelas persoas xurídicas que gocen da exención de IVE, ou dun réxime de prorrata, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola Administración Tributaria ou documentación acreditativa da prorrata do último exercicio. b) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral. c) Os gastos anteriores á presentación da solicitude. Por esixencia do efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, non serán subvencionables os proxectos iniciados antes da presentación da solicitude de axuda, de forma que se algún dos gastos para os que se solicita axuda foi iniciado con anterioridade, o proxecto na súa totalidade non se considerará subvencionable. d) As obras de mantemento. e) As conducións de distribución interior do calor e os equipos emisores, salvo cando estes sexan partigo activa do circuíto de xeración térmica f) O proxecto de enxeñería nin a obra civil nin os gastos de legalización. g) Os gastos que se realicen en pagamento de licenzas, gastos sometidos a aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recollidos con tal carácter no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. h) En ningún caso serán subvencionables as instalacións/equipamentos que xa foran obxecto de axuda en anos anteriores. i) Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.