Proyectos dinamizadores de las áreas rurales de Galicia para proyectos de energías renovables.
Prazo de presentación : 15/01/2016 - 15/02/2016.
O prazo para presentar as solicitudes será de un (1) mes contado dende o 15 de xaneiro de 2016. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Prazo de resolución : Tres meses
Sentido do silencio administrativo : Negativo
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quecemento dun fluído mediante equipamentos que utilicen como fonte enerxética a xeotérmica, aerotérmica ou a solar térmica. Serán subvencionables: 1. Equipamento principal de xeración enerxética (bomba de calor ou paneis solares). 2. O custe de montaxe e conexionado. 3. Accesorios para o correcto funcionamento do sistema salvo os equipos emisores que non formen parte do equipo xerador e os elementos de distribución da calor fora da sala de caldeiras. 4. No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondeos, intercambiadores, acumuladores, tuberías, etc. Non son subvencionables: 1. O IVE, excepto cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE. En todo caso, os beneficiarios que gocen da exención do IVE, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola administración tributaria. 2. Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral. 3. Os gastos anteriores á presentación da solicitude. 4. A reposición ou mera substitución de equipamentos existentes. A estes efectos enténdese por gastos de reposición ou substitución aqueles que se limiten a substituír unha máquina existente ou parte da mesma por unha máquina nova e moderna sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou tecnoloxía correspondente . 5. Equipamento e materiais non funxibles de segunda man. 6. A simple reposición ou substitución de equipamentos e maquinarias. 7. As obras de mantemento. 8. Os gastos de aluger. 9. As taxas e licenzas administrativas. 10. Na adquisición de bens e servizos mediante contratos públicos os pagos efectuados polo contratista á Administración en concepto de taxa de dirección de obra ou control de calidade. 11. As conducións de distribución interior do calor e os equipos emisores, salvo cando estes sexan parte activa do circuíto de xeración térmica.