AYudas para la reforestación y para la creación de superficies forestales
Prazo de presentación : 31/12/2015 - 30/01/2016.
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de resolución : Cinco meses
Sentido do silencio administrativo : Negativo
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para fomentar a primeira forestación de terras non agrícolas e proceder a súa convocatoria para o ano 2016 en réxime de concorrencia competitiva. 2. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión de: a) Os bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da administración central ou autonómica. b) Os bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa. c) Os bosques que pertenzan a empresas públicas. d) Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas. No caso de montes propiedade do Estado o da Comunidade Autónoma de Galicia a axuda poderá ser concedida se o órgano que xestiona esas terras é un organismo privado ou un concello. Nese caso unicamente se ofrecerá a axuda para os custos de establecemento. Liñas de axuda 1. As axudas obxecto de subvención son as seguintes: Primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo I. Unicamente inclúese a subvención de especies do anexo II ás superficies que, conforme cos apartados c, d, e e g do anexo 2 da Lei 7/2012, de 28 de xuño de montes de Galicia, quedan reducidas exclusivamente a frondosas caducifolias. Artigo 3. Tipos de superficies obxecto de axuda 1. Poderán ser obxecto de axuda aqueles terreos que estean identificados no Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas (Sixpac) como: Forestal (FO) Pasto con arboredo (PA) Pasto arbustivo (PR) 2. Nos terreos nos que existise tradicionalmente arboredo ou que teñan fracción de cabida cuberta superior ao 20 %, non se poderán obter estas axudas. 3. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas. 4. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa. 5. As zonas a forestar, xa sexan terras agrícolas abandonadas, terreos de ermo, terreo con arbustos e matos ou arborado cunha fracción de cabida cuberta inferior ao 20 %, deberán estar identificadas nalgún dos tres grupos do Sixpac indicados no apartado 3.1 e en todo caso deberá cumprirse o establecido na Lei 7/2012, 28 de xuño, de montes de Galicia e a normativa de desenvolvemento, especialmente no referente a contar cun instrumento de ordenación ou xestión forestal ou instrumento equivalente conforme ao artigo 77 e 8.18 da citada Lei e no prazo que establece a disposición transitoria sexta da lei 7/2012. Os montes con superficies superiores a 25 hectáreas en couto redondo deben contar cun plan técnico, proxecto de ordenación ou plan de xestión no que se considere a realización dos traballos solicitados ó abeiro da presente orde, ou presentar xunto coa solicitude de axuda unha copia da súa adhesión aos modelos silvícolas, de acordo ao establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 52/2014 e segundo a Orde de 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia. 6. Non se poderá obter axuda sobre hábitats prioritarios.