Ayudas a las inversiones en tecnologías forestales, procesado, movilización y comercialización de pr
Prazo de presentación : 31/12/2015 - 30/01/2016.
Un mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de resolución : Cinco meses
Sentido do silencio administrativo : Negativo
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva. Investimentos subvencionables 1. Poderanse subvencionar investimentos en activos fixos produtivos e plans de mellora de xestión empresarial en empresas de aproveitamento e primeira transformación de produtos forestais. Os investimentos a subvencionar deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de subvención. En ningún caso se poderán subvencionar investimentos que se utilicen para producir bens de consumo final. 2. O IVE non é subvencionable, salvo que, segundo o disposto no artigo 69.3 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, non sexa recuperable conforme á lexislación nacional sobre o IVE. Investimentos en activos fixos produtivos 1. Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento, transformación e comercialización dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). Os investimentos destinados a biomasa e outros produtos forestais distintos da madeira só serán subvencionables cando estos produtos teñan a súa orixe e se recollan no monte. 2. Non se considerarán substitucións de investimentos, salvo no caso de incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción, no que se subvencionará o diferencial de custo. Non se considerarán substitucións cando o novo investimento vai traballar no sitio doutro similar que estea totalmente amortizado e que se considere obsoleto, sen valor comercial como equipo de segunda man. Non será subvencionable ningún proceso que de como resultado un produto de consumo final.